ADOS facilitará os resultados analíticos das súas doazóns de sangue en É-Saúde

ADOS incide en que os doantes continuarán recibindo por carta os resultados analíticos en papel e este sietema de contacto "convivirá coa información electrónica".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2021 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e a Consellería de Sanidade, no marco de programa de mellora continua a favor dos pacientes galegos, facilita o acceso telemático aos resultados analíticos das doazóns de sangue a todos os doantes galegos a través da plataforma É-Saúde.

A través dun comunicado de prensa, ADOS explica que co "obxectivo de favorecer unha máis eficiente e eficaz comunicación cos cidadáns, sempre salvagardando as máximas garantías de seguridade e confidencialidade", xa é posible que os doantes galegos accedan ás analíticas das súas doazóns de sangue mediante a historia clínica electrónica na plataforma É-Saúde, para o que necesitan dispor de DNI electrónico, Certificado Dixital ou Chave 365.

Posteriormente deben acceder, sinala ADOS, á súa historia clínica e entrar na pestana de 'Informes Sergas', onde atoparán recollidas, baixo o epígrafe de 'Probas de Laboratorios-ADOS', os informes referidos os resultados das probas analíticas realizadas ás doazóns de sangue que, tradicionalmente, reciben os doantes de sangue con posterioridade á súa achega.

Neste sentido, ADOS incide en que os doantes continuarán recibindo por carta os resultados analíticos en papel e este sietema de contacto "convivirá coa información electrónica". Para facilitar o acceso a esta información a Axencia de Doazón elaborou un vídeo tutorial que, desde este luns, pódese consultar na web ados.sergas.gal, así como nas súas redes sociais. Ademais, todos os novos doantes recibirán co cartón de doante de sangue un tríptico informativo en papel que explica o modo de acceso á citada documentación.

Unha unidade móbil de ADOS. AXENCIA DE DOAZÓN  DE ÓRGANOS E SANGUE (ADOS)
Unha unidade móbil de ADOS. AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE (ADOS)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta