A Xunta limita os danos no centro rupestre de Campo Lameiro a unha cabana que está "en perfecto estado"

O Executivo galego asegura que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural "iniciou as tarefas para a reconstrución desta cabana" e sostén que a previsión é iniciar as obras de reparación nas próximas semanas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2021 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

A Xunta asegura que o centro de interpretación do parque arqueolóxico de Campo Lameiro está "en perfecto estado de conservación" e os danos denunciados hai días por unha organización política afectan unicamente o tellado dunha das cabanas do poboado que recrea a vida na Idade de Bronce.

En resposta á versión difundida o pasado sábado pola formación política PorVir de Campo Lameiro, o departamento autonómico asegura que o único problema de conservación no centro de interpretación está nunha das cabanas, que ten danos nunha cuberta provocados por un temporal rexistrado o pasado mes de marzo.

Neste sentido, o Executivo galego asegura que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural "iniciou as tarefas para a reconstrución desta cabana" e sostén que a previsión é iniciar as obras de reparación nas próximas semanas.

Asisimo, apunta que a empresa encargada dos servizos de atención ao público e explotación do centro recibe unha consignación anual de 121.000 euros e non 177.000 como afirmou PorVir no seu comunicado do sábado, no que cualifica o estado do centro de "ruinoso" e culpa da situación a Xunta e concesionaria.

Unha das cabanas que compoñen o poboado de recreación da Idade de Bronce que forma parte do centro de interpretación de arte rupestre de Campo Lameiro (Pontevedra). PORVIR CAMPO LAMEIRO
Unha das cabanas que compoñen o poboado de recreación da Idade de Bronce que forma parte do centro de interpretación de arte rupestre de Campo Lameiro (Pontevedra). PORVIR CAMPO LAMEIRO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta