O PSdeG asegura que se os mariñeiros galegos non están vacinados "é porque a Xunta non quere"

Galicia urxe flexibilizar o regulamento de control de pesca e impulsar un acordo de cotas con Reino Unido

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2021 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

O portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario do PSdeG, Julio Torrado, asegurou que se os mariñeiros galegos non están vacinados é "porque a Xunta non quere" xa que "non hai nada que llo impida".

"Os mariñeiros non están vacinados porque a Xunta non os quere vacinar", sostivo Torrado nun comunicado remitido aos medios, no que acusa á Xunta de "mentir" e caer na "irresponsabilidade de utilizar a vacinación para confrontar" responsabilizando a Euskadi. Neste sentido, lembrou que Euskadi e Cantabria xa teñen a todos os seus mariñeiros vacinados porque "o Goberno vasco así o quixo, do mesmo xeito que podería querer a Xunta".

Torrado explicou que "cando Galicia decide priorizar a vacinación das traballadoras do SAF é unha decisión do Goberno autonómico que non todos os gobernos están a tomar e Galicia si". "E ben tomada está", engadiu antes de sinalar que, cando "Euskadi ou Cantabria deciden vacinar aos mariñeiros tamén é unan decisión autonómica" que lles parece "ben" e sinala que, "se Galicia non a vacina é porque non o decidiu".

Ante iso, o responsable socialista urxiu ao Goberno galego a "deixar de utilizar argumentos espurios para confrontar e atacar ao Estado" e emprazou á Xunta a empezar a utilizar as 100.000 vacinas que deixan cada día nas neveiras do Sergas para vacinar aos mariñeiros.

O portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario Socialista, Xullo Torrado, en rolda de prensa no Parlamento. PSDEG
O portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario Socialista, Xullo Torrado, en rolda de prensa no Parlamento. PSDEG | Fonte: Europa Press

REGULAMENTO DE PESCA

Por outra banda, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, insistiu este luns na necesidade de flexibilizar as medidas recollidas no futuro regulamento europeo de control da pesca, así como a urxencia de conseguir un acordo de totais admisibles de capturas (TAC) e cotas nas augas compartidas co Reino Unido co obxectivo de dar "estabilidade e seguridade xurídica á frota".

Así llo trasladou nun encontro por videoconferencia ao ministro do ramo de Portugal e que ostenta actualmente a Presidencia rotatoria do Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea, Ricardo Serrão, no que defendeu o papel da frota de baixura e o marisqueo galegos fronte á "excesiva rigorosidade" do texto da nova normativa de control, pois incide nunha actividade "que está ben controlada ao desenvolverse preto da costa".

Neste sentido, apelou á "sensibilidade" do representante do Goberno de Portugal, un país cun importante sector pesqueiro e con características semellantes ás do galego, e advertiu de que medidas introducidas no regulamento, como a instalación de cámaras a bordo, a geolocalización ou o rexistro dixital das declaracións de desembarque, apenas supoñen melloras para o control e, con todo, "dificultan en gran medida" a actividade dos profesionais do mar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta