Arrinca unha nova vacinación masiva coa previsión de alcanzar as 240.000 doses o domingo

Están despregados un total de 14 centros de distribución nas sete áreas sanitarias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2021 | Actualizada ás 10:27

Comparte esta noticia

Galicia arrinca este martes, de maneira simultánea en 14 puntos do sete áreas sanitarias, un novo proceso de vacinación masiva contra a covid-19 no que se prevé administrar unhas 240.000 doses ata o domingo.

Unha das novidades máis relevantes deste proceso será o inicio do grupo de idade de 69 a 66 anos, do que se vacinará, a finais de semana, a unhas 90.000 persoas. A maiores continuarase co grupo 60-65 e coas primeiras e segundas doses do grupo 70-79, administración domiciliaria e persoal de grupos anteriores que quedou pendente.

Para iso, están despregados un total de 14 centros de distribución nas sete áreas sanitarias, grandes espazos de vacinación nos que Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local colaborarán coa Xunta nos dispositivos para que todo funcione correctamente.

No caso da área de Vigo, por exemplo, esta semana citarase para vacinar a unhas 50.000 persoas no Ifevi, mentres que a área de Ourense prevé administrar unhas 30.000 doses.

No caso da área da Coruña, só este martes están citadas 9.400 persoas en Expocoruña, 800 en Cee e máis de 200 en centros de saúde. Polo FIMO de Ferrol pasarán cada xornada ao redor de 3.500 persoas, ás que tamén se suman outras citacións en centros de saúde e desprazamentos domiciliarios.

Varios puntos de vacinación no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi)
Varios puntos de vacinación no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta