Lanzan unha campaña contra as políticas "galegófobas" de Feijóo

Galiza Nova insta a "normalizar o galego entre os mozos" coa iniciativa 'Rebélate, fala galego'.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2021 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

A asociación Galiza nova vén de lanzar unha nova campaña de lingua para “normalizar o uso do galego entre a mocidade”. Así se pronunciou o Responsábel de Lingua de Galiza Nova e deputado no Parlamento Galego polo BGN, Daniel Castro, na presentación presentou da campaña este martes 4, acto que desenvolveu acompañado da mocidade da organización en Compostela.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, tras unha reunión coa ministra de Economía na sede do Ministerio, a 30 de abril de 2021, en Madrid (España). Esta reunión pretende abordar a crise que viven varias industrias galegas, as. A. Pérez Meca - Europa Press
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, tras unha reunión coa ministra de Economía na sede do Ministerio, a 30 de abril de 2021, en Madrid (España). Esta reunión pretende abordar a crise que viven varias industrias galegas, as. A. Pérez Meca - Europa Press

Castro subliñou que a campaña procura actuar sobre os máis novos porque, ao seu ver, constitúen o espectro da poboación que “máis acusa as medidas lesivas deste goberno galegófobo que ataca á propia lingua do país que goberna”. Castro reclamou a necesidade de “acabar co decreto de pluriliingüísmo e cun  goberno que é o propio inimigo da lingua do país”.

Ademais, destacou  a necesidade de darlle valor á lingua galega, que segundo afirma, sirve para comunicarse con milleiros de persoas no mundo, destacando que o “galego non separa, senón que une”. Esta campaña, que fai fincapé na necesidade de “rebelarse” falando galego, desenvolverase ao longo de todo o pais, con diferentes e diversas actividades: repartos nos centros de ensino, actos públicos con figuras relevantes da cultura e da lingua e accións en redes para as que contarán con persoas destacadas do ámbito da lingua.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Ricardo R.

No hay nada más letal para el gallego que los cachorros de Galiza Nova y sus chiringuitos asociados.

1 Amancio

Realmente si: falar castelán.