O comité de empresa da refinaría de Repsol na Coruña súmase a un peche contra o ERTE

Os representantes dos traballadores consideran "inxustificable" a medida da empresa.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 04/05/2021 | Actualizada ás 18:19

Comparte esta noticia

O comité de empresa da refinaría da Coruña sumouse a un peche contra o expediente de regulación de emprego temporal (ERTE). A comisión representativa dos traballadores na mesa de negociación do ERTE iniciado por Repsol propuxo un peche de todos os comités de empresa das refinarías nos seus centros industriais como medida de repulsa á aplicación do citado expediente de regulación.

Manifestación de traballadores da refinaría da Coruña en rexeitamento ao ERTE
Manifestación de traballadores da refinaría da Coruña en rexeitamento ao ERTE | Fonte: Comité de empresa.

Despois da reunión extraordinaria do pleno do comité de empresa da Coruña, os seus representantes acordaron realizar un peche de 24 horas por parte dos seus membros, iniciado ás 13,00 horas e que se prolongará ata a mesma hora do mércores.

"Esta mobilización está motivada polo inxustificable ERTE presentado pola empresa e que afecta a 830 traballadores e traballadoras deste complexo industrial e da refinaría de Puertollano", lembran despois de que só na da Coruña a medida afecte ata 212 traballadores, un 31% do persoal.

Por outra banda, desde o comité apuntan que "despois de quince días de negociación, a dirección continúa empeñada en seguir adiante co proceso pese que a aplicación deste ERTE, desde o punto de vista da parte social, traerá grandes problemas a nivel de seguridade nas plantas afectadas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta