Temas: FESTAS BETANZOS

O Concello de Betanzos suspende por segundo ano a Feira Medieval

"As condicións da Covid non serán as propicias para organizar un evento tal cal se coñece", argúe.

Por Europa Press / Redacción | Betanzos | 04/05/2021 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

O Concello de Betanzos decidiu suspender a celebración da feira franca medieval deste ano prevista para o próximo mes de xullo.

"As condicións da Covid non serán as propicias para organizar un evento tal cal se coñece, con casetas nas rúas do centro histórico e a presenza de miles de persoas", indica.

Feira Medieval de Betanzos
Feira Medieval de Betanzos | Fonte: Concello de Betanzos.

"Por responsabilidade e mentres non melloren as circunstancias, a mellor decisión é suspender por segundo ano consecutivo a feira do mesmo xeito que, desafortunadamente, se suspenderon outros eventos non só en Galicia, senón noutras comunidades", argúe o Concello.

No entanto, afirma que haberá "unha alternativa coincidindo coa mesmao fin de semana, é dicir, a segunda fin de semana do 10 e 11 de xullo, celebrando pequenos eventos a modo de representacións, música ou malabares, actividades relacionadas coa feira medieval pero espaciadas no tempo e en zonas nas que se pode manter a distancia social e execer un control sobre a capacidade".

Temas: FESTAS BETANZOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta