Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2021 | Actualizada ás 21:55
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou este martes que os galegos de entre 66 e 69 anos que sexan citados para vacinarse contra a covid-19 recibirán Pfizer. En concreto, o Servizo Galego de Saúde aspira a vacinar ao 70% da poboación desta franxa de idade entre o venres e o sábado cunhas 90.000 citas previstas.
Despois de recibir a súa primeira dose de AstraZeneca, o presidente galego explicou que o cambio na decisión de que o colectivo de 66 a 69 reciba Pfizer débese a que así o considerou a comisión de vacinación do Consello Interterritorial da Saúde.
"Considerou que non podíasmos esperar a AstraZeneca, que xa tiñamos Pfizer e que, por tanto, o mellor era nesa franxa de idade meter Pfizer e non baixar de 59 cara abaixo, que era o que estaba previsto", explicou.
"Houbo ese cambio e creo que o mellor é facer as cousas de común acordo, aínda que se pode discutir se é razoable ou non", recalcou Feijóo, tendo en conta que a Xunta defendera o uso de AstraZeneca para o colectivo en cuestión.
MARXE PARA As VACINAS DE ASTRAZENECA
En canto ao que sucederá coas vacinas de AstraZeneca que puidesen quedar sen usar, o presidente asegurou non ter moi claro a que poboación diana se dispernsarán, pero indicou que será decisión do Consello Interterritorial.
"Imaxínome, de acordo coas declaracións de Pedro Sánchez, que España vai doar vacinas a países con dificultades e que estaremos a falar desa marca. Pero é unha suposición", resolveu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.