Baía Edicións leva a memoria de Xela Arias e a súa obra a Betanzos

Alí estarán as autoras de 'XelArias. Palabra á intemperie', unha obra "un pouco punk" editada por Baía.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Os actos de memoria e lembranza na honra de Xela Arias seguen adiante. A situación sanitaria semellar das visos de mellora e, conforme se achega a fin do estado de alarma, as xornadas en memoria da poeta rebelde que neste 2021 recibe o galardón máximo da literatura galega --o ano das letras-- chegan a Betanzos despois de pasar por cidades como Santiago de Compostela.

Xela Arias
Xela Arias | Fonte: RAG.

.

A celebración en cuestión terá lugar este venres 7 de maio ás 20:00 horas e correrá ao cargo da poeta Emma Pedreira e da ilustradora e investigadora musical Laura Romero, que artellarán unha conversa arredor da súa obra conxunta XelArias. Palabra á intemperie. O acto, destacan dende a organización, desenvolverase de conformidade coas recomendacións establecidas pola covid-19, é dicir, "nun espazo seguro, con máscara, distancia e ventilación".

 

A xornada contará tamén coa presenza e achega da directora de Baía Edicións, Belén López Vázquez. As tres mulleres tomarán por obxectivo desenvolver unha aproximación crítica esta obra de conversas literarias e plásticas con Xela Arias, escritora homenaxeada pola Real Academia Galega nas Letras Galegas 2021. O acto terá lugar no Salón Azul do Edificio Liceo – Arquivo do Antigo Reino de Galicia  (praza de Galicia, 1) o venres día 7 de maio, ás 20.00 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta