Representantes sindicais de Navantia Ferrol e Fene mobilízanse para esixir carga de traballo

"Obra nova non hai nada ata dentro dun ano e algo", advirten.

Por E.P. | Ferrol | 05/05/2021 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

Representantes sindicais de Navantia Ferrol e Fene mobilizáronse ante a Delegación do Goberno para esixir carga de traballo e "polo futuro das comarcas", demanda que tamén transmitiron á subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo nunha reunión.

Protesta ante a Delegación do Goberno de representantes sindicais de Navantia Ferrol e Fene
Protesta ante a Delegación do Goberno de representantes sindicais de Navantia Ferrol e Fene | Fonte: Comité de Empresa.

O presidente do comité de empresa Navantia Ferrol, Emilio García Juanatey, cualificou de "crítica" a situación en Ferrol ante a próxima saída o 20 de maio con destino a Australia do "último buque" e á espera de que se concreten os novos proxectos comprometidos. "Obra nova non hai nada ata dentro dun ano e algo", expuxo.

No caso de Navantia Fene, a presidenta do comité de empresa, Adela López, asegurou que lles preocupa a situación "a medio e longo prazo". "Pedimos que se aposte por investimentos, por acción comercial dirixida a contratar proxectos de alto valor engadido", indicou.

Mentres, a subdelegada do Goberno trasladou aos traballadores o "comprommiso" do Executivo e a empresa co mantemento da carga de traballo, á vez que lles expuxo as xestións para incorporar novos pedidos, así como os investimentos.

Respecto diso, sostén que a construción das fragatas F-110 "garantirá a plena ocupación dos estaleiros durante dez anos". Tamén lles avanzou que o delegado do Goberno, José Miñones, se reunirá proximamente cos representantes sindicais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta