Por E.P. | Ourense | 05/05/2021 | Actualizada ás 17:56
O rexedor de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Ourensana), asegurou que "non vai tolerar" que os técnicos municipais lle "tomen o pelo" con informes que considera que son "motivo de riso" doutras administracións.
Jácome acusou os técnicos municipais de "realizar informes que foron motivo de riso" en administracións de Cataluña, onde estivo de visita. "Vou colgar un cartel que prohiba dicir non", sostivo o rexedor, que asegura que esta palabra é a que "máis escoita" no Concello de Ourense por parte dos técnicos, aos que acusa de "pór trabas" e "tomarlle o pelo".
"Se a chegada do home á Lúa dependese de enxeñeiros do Concello de Ourense, ao foguete aínda lle estarían sacando defectos, estarían a comprobar se o zapato do astronauta é compatible co chan lunar e sen un informe favorable da zapatería o foguete non despegaría", manifestou Jácome antes de preguntarse por que "se tan bos son non van traballar á NASA?".
O rexedor criticou que se lles deu "demasiado poder" aos xefes de servizo pero advertiu que non vai ser " freado" por estes técnicos. "Non o vou a tolerar, vou baixar á area", avisou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.