"Diario dun pirata confinado", estrea literaria de Jamas, de Dios Ke Te Crew

Dispoñible xa nas librarías de toda Galicia, esta obra é "o lanzamento en papel dun espírito insubmiso, a primeira bala dun kalashnikov cargado de ácida retranca".

Por X.M. Fernández | Santiago de Compostela | 09/05/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Julio Negueruela, 'Jamas', un dos integrantes do grupo de rap galego "Dios Ke te Crew", vén de presentar o que será a súa primeira aventura no eido literario. Trátase de "Diario dun pirata confinado", unha sorte de diario que recolle as súas vivencias a partir da declaración do estado de alarma por mor da pandemia.

Jamas, de Dios Ke Te Crew. Foto cedida
Jamas, de Dios Ke Te Crew. Foto cedida

"A partir dese primeiro capítulo ou día, comprometinme comigo mesmo a inmortalizar, dalgún xeito, esta escura etapa que nos tocou afrontar. Case a totalidade das vivencias narradas son reais", explica o autor.

Jamas di ser un apaixoado da literatura, por influenza dos seus pais, pero é coñecido en Galicia pola súa traxectoria musical, dende o conxunto Ghamberros ata o máis coñecido Dios Ke Te Crew no que segue na actualidade. 

No prólogo da publicación, que chega da man da escritora Teresa Moure, esta descrebe a experiencia de ler este libro como "abrir unha xanela nos muros que nos rodean, deseñar un orificio de fuga, unha vía para escapar dunha época que nos arrebata as opcións mentres o tic-tac do reloxo continúa a correr, mentres o noso tempo se escapa escaéndose dun xeito que sentimos estéril".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta