Por E.P. | VIGO | 06/05/2021 | Actualizada ás 17:30
Os beneficiarios das bolsas BEME, convocadas pola Xunta e dirixidas a galegos retornados ou descendentes de galegos, trasladaron este xoves as dificultades que se atopan ao chegar á comunidade, entre elas, as trabas burocráticas para acceder á residencia cando non teñen a nacionalidade española.
Así o expresaron durante un encontro que se celebrou en Vigo co secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, e no que participaron bolseiros que están a cursar 'máster' na Universidade de Vigo.
Trátase de estudantes que obtiveron en 2020 una destas axudas de excelencia que outorga a Secretaría Xeral para poder ampliar estudos superiores e cuxa finalidade, ademais de atraer a mozos que se foron de Galicia, é tamén lograr que fixen a súa residencia definitiva na comunidade.
Na reunión deste xoves, os bolseiros explicaron os problemas que teñen para tramitar a residencia cando non teñen a nacionalidade española, así como as súas inquietudes e dúbidas en canto á posta en marcha dun negocio ou á procura de emprego para quedar en Galicia.
Actualmente, hai 162 estudantes deste programa de bolsas cursando algún 'máster' nalgunha do tres universidades galegas (algúns continúan estudos desde o curso anterior) e, segundo lembrou a Xunta, o número de prazas ampliarase para o curso 2021-22, de 150 a 200. Así, o goberno galego destina 1,72 millóns de euros para a captación deses titulados universitarios de "currículo brillante", residentes no estranxeiro.
Os beneficiarios destas bolsas han de ser galegos por nacemento ou descendentes por consanguinidade, e deben acreditar un mínimo de 2 anos vivindo no exterior. Así mesmo, deben estar admitidos na preincripción dalgún dos 'másteres' das universidades galegas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.