Unha redada antidroga en Lugo remata con dous policías nacionais feridos

Hai, polo menos, dous detidos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2021 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

Dous axentes da Policía Nacional resultaron feridos de diversa consideración nun operativo antidroga en Lugo que segue aberto no marco de actuacións levadas a cabo na tarde deste pasado xoves cando foron detidas polo menos dúas persoas. Así o informaron a Europa Press fontes próximas á investigación que leva a Policía Xudicial da Policía Nacional da Comisaría de Lugo e que segue aberta.

Coche patrulla.. POLICÍA NACIONAL - Arquivo
Coche patrulla.. POLICÍA NACIONAL - Arquivo

Os feitos sucederon na tarde deste pasado xoves na rúa Luís Seoane do barrio lucense da Milagrosa. Tras resultar feridos dous axentes no transcurso do operativo foi avisado o 061 que mobilizou unha ambulancia aínda que finalmente non chegou a asistir. As fontes próximas á investigación consultadas puntualizaron que os axentes, pertencentes a unha patrulla e outro á Policía Xudicial, non están hospitalizados e resultaron con feridas de diversa consideración.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta