UU.AA. e PSdeG ven necesario que a Xunta destine fondos ao rural para a súa renovación xeracional

O responsable de Unións Agrarias, Roberto García, avisa de que "non se pode permitir" que "un só mozo" teña que "aprazar" o seu proxecto empresarial por "falta de diñeiro", pois non pode esperar "un ano ou dous a que chegue o diñeiro de Bruxelas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2021 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

Unións Agrarias e o PSdeG reclaman á Xunta que destine unha partida concreta dos fondos europeos de reconstrución a garantir a substitución xeracional no agro. Esta é unha das medidas abordadas este venres en Santiago polo líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, e o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, nun encontro no que tamén solicitaron medidas para a dixitalización no rural e a modernización dos sectores lácteo e cárnico.

Así, Caballero apelou a "gran pacto polo rural" que inclúa medidas para garantir a substitución xeracional nas explotacións. Apunta que Unións Agrarias cifra en "varios centos" os mozos que non conseguen incorporarse aos plans de mellora, polo que teñen problemas de ingresos para os seus proxectos.

Sobre este extremo, o responsable de Unións Agrarias avisa de que "non se pode permitir" que "un só mozo" teña que "aprazar" o seu proxecto empresarial por "falta de diñeiro", pois non pode esperar "un ano ou dous a que chegue o diñeiro de Bruxelas".

DIXITALIZACIÓN

Entre outras medidas, o secretario xeral do PSdeG ve necesaria a dixitalización das poxas de gando, así como incluír avances tecnolóxicos no pastoreo. Roberto García advirte de que é "imprescindible" que o medio rural teña unha prioridade para a Xunta na execución de fondos, pois "non pode ser que o medio rural só sexa prioritario en titulares, pero logo, cando vén a hora de verdade da execución orzamentaria, queda marxinado".

Nesta liña, Unións Agrarias avoga por que se empreguen colares electrónicos que certifiquen as horas de pastores das vacas, posto que é un produto "diferenciado" en Galicia, o que pode dar lugar tamén a un maior prezo para os produtores.

Igualmente, Roberto García indica que o sector da carne "está a pasalo moi mal", a pesar de que en Galicia existe a "mellor carne de Europa" coa tenreira galega suprema. Aquí, cre necesario modernizar as estruturas de compravenda, de forma que se poidan usar as novas tecnoloxías para que os tratantes non queden co "30%" do beneficio dos becerros.

Gonzalo Caballero e Roberto García. UNIÓNS AGRARIAS
Gonzalo Caballero e Roberto García. UNIÓNS AGRARIAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta