Os casos activos de covid-19 en centros educativos mantéñense en 631 e as aulas pechadas aumentan a 39

Un centro continúa clausurado debido á incidencia deste coronavirus, a escola infantil unitaria de Cerdedo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/05/2021 | Actualizada ás 15:32

Comparte esta noticia

Os casos activos de Covid-19 en centros educativos non universitarios e escolas infantís de Galicia mantéñense en 631 --os mesmos que a xornada anterior--, mentres que as aulas pechadas aumentaron a 39 --cinco máis-- e un centro continúa clausurado debido á incidencia deste coronavirus, a escola infantil unitaria de Cerdedo por un positivo.

Mesas e cadeiras recollidas nunha aula
Mesas e cadeiras recollidas nunha aula | Fonte: Iván Terrón - Europa Press - Arquivo.

Segundo os datos actualizados este venres polas consellerías de Educación e Sanidade, as infeccións activas soben nas áreas de Vigo (+2) e A Coruña (+6); baixan nas de Ferrol (-2) e Pontevedra (-6), mentres que se manteñen nas de Santiago, Lugo e Ourense.

Deste xeito, a área de Vigo sobe a 199 contaxios --dous máis-- e conta con 16 aulas pechadas --unha máis--. Mentres, a área da Coruña sitúase con 178 casos activos --seis máis-- e mantén nove aulas inoperativas. 

Séguelle a de Pontevedra con 103 infeccións activas --seis menos-- e catro aulas pechadas --unha máis--. Mantén o único centro inoperativo de Galicia pola incidencia da Covid-19, a Escola Unitaria de Cerdedo por un positivo.

En canto á de Santiago mantense con 78 positivos, mentres que as aulas pechadas aumentan a oito --tres máis--. Pola súa banda, a de Ourense continúa con 35 casos activos e cunha aula clausurada pola incidencia da Covid-19.

Con menos casos de Covid en centros educativos seguen as áreas de Lugo e Ferrol. A primeira delas mantense con 29 casos activos e por cuarta xornada consecutiva segue sen clases pechadas pola incidencia deste coronavirus. E pecha o cómputo a área de Ferrol na que descenden a nove os casos activos --dous menos-- e segue cunha aula pechada debido á incidencia deste coronavirus.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta