O goberno de Ferrol presenta un borrador de orzamentos cun aumento dun 21%

Supera os 83,5 millóns de euros e recolle investimentos por máis de 18 millóns.

Por E.P. | Ferrol | 07/05/2021 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, o socialista Ángel Mato, presentou o proxecto de orzamentos municipais para este ano 2021, que ascende a 83.599.558,02 euros, un 20,85% máis que o último aprobado, o de ano 2018, e que para o rexedor socialista supoñen unhas contas "sen precedentes" pola o tratarse dos máis elevados na historia desta cidade.

Ángel Mato e os integrantes do seu goberno durante a presentación do proxecto de orzamentos
Ángel Mato e os integrantes do seu goberno durante a presentación do proxecto de orzamentos | Fonte: Concello de Ferrol.

Acompañado de todos os concelleiros do seu goberno, nunha presentación realizada no salón de recepcións do Concello, Mato detallou que estas contas mostran "o proxecto de cidade deste goberno, nun documento moi ambicioso e centrado no capítulo de investimentos", pero ao mesmo tempo "garantindo o gasto común".

A presentación realizouse ante os medios de comunicación antes de darlle traslado dos mesmos aos grupos na oposición, o que xerou as súas críticas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta