Temas: REPSOL A CORUñA

Desconvocadas as protestas na refinaría de Repsol na Coruña tras chegarse a un acordo sobre o ERTE

O expediente aplicarase finalmente a 112 traballadores.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 07/05/2021 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

Os sindicatos con representación na refinaría da Coruña desconvocaron as protestas convocadas tras o acordo alcanzado coa empresa sobre o expediente de regulación temporal de emprego (ERTE), que se aplicará finalmente a 112 traballadores, aínda que manteñen o seu rexeitamento ao mesmo e cualifícano de "innecesario".

Traballadores da refinaría da Coruña mobilízanse contra o ERTE
Traballadores da refinaría da Coruña mobilízanse contra o ERTE | Fonte: CIG.

Nun comunicado dos responsables de centro das seccións sindicais de CCOO, STR, USO e UGT, explican que a firma do acordo vén apoiada por unha consulta aos traballadores afectados.

A pesar do acordo de compensación alcanzado e da desconvocatoria de folga, insisten en que o ERE é "innecesario". "Non entendemos como a empresa mantivo unha posición inamovible e non atendeu ás reivindicacións e opcións posibles que se lle trasladaron para evitalo", sentencian.

Pola súa banda, a representación sindical da CIG asegura que non é "de recibo" que unha empresa con beneficios aplique o ERTE e denuncian falta de "investimentos" e de "garantía real de emprego".

Mentres, os deputados socialistas da provincia da Coruña no Congreso Diego Taibo e Montse García Chavarría reuníronse en Madrid, xunto a outros membros do Grupo Parlamentario Socialista, cunha delegación de traballadores de Repsol do comité negociador do ERTE dos sindicatos CCOO, UGT e STR. Nela, mostraron o seu apoio ás súas demandas.

Temas: REPSOL A CORUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta