A OMS autoriza o uso de emerxencia da vacina chinesa contra o coronavirus, "segura e eficaz"

Trátase da sexta en recibir esta validación.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 07/05/2021 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

A Organización Mundial da Saúde (OMS) autorizou a inclusión da vacina contra o coronavirus desenvolvida pola farmacéutica chinesa Sinopharm, na súa lista de uso de emerxencia, converténdose así na sexta en recibir esta validación.

Vacinación no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Vacinación no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo | Fonte: Europa Press - Arquivo.

Así o anunciou este venres o director xeral da OMS, Tedros Adhanom Ghebreyesus, nunha rolda de prensa, onde asegurou que esta vacina é "segura e eficaz" e que, por iso, o organismo incluíuna na súa lista de emerxencia.

Esta lista serve para avaliar a calidade, seguridade e eficacia das vacinas Covid-19 e, á súa vez, permite aos países acelerar a súa propia aprobación regulatoria para importar e administrar as vacinas, as cales teñen que estar incluídas nesta listaxe para poder ser administradas a través do mecanismo COVAX.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta