Piden cambiar os principios "impropios" dun centro público do colexio pontevedrés Salvador Moreno

O Ministerio de Defensa, tal e como recolle o seu Boletín Oficial, ordenou o cambio de nome do colexio pontevedrés Salvador Moreno por Juan Sebastián Elcano, co obxectivo de cumprir coa Lei de Memoria Histórica.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2021 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

O Ministerio de Defensa, tal e como recolle o seu Boletín Oficial, ordenou o cambio de nome do colexio pontevedrés Salvador Moreno por Juan Sebastián Elcano, co obxectivo de cumprir coa Lei de Memoria Histórica.

Con esta decisión, Defensa cumpre a reclamación de varios colectivos, que solicitaran a retirada do nome deste militar franquista que participou no golpe de estado de 1936 e na posterior ditadura.

Un destes colectivos, o sindicato CIG-Ensino, demandou este venres que se dean tamén "pasos adiante" nas outras reclamacións trasladadas tanto ao Ministerio de Defensa como a outras administracións.

Entre elas está "a modificación dos principios que figuran na web do colexio" e que son, para a CIG, "impropios dun centro público" ("O proxecto educativo do colexio inspírase nunha concepción cristiá do home e da vida", por exemplo) ou a colocación da bandeira galega no edificio.

A maiores, CIG Ensino cre que "o paso principal que se debe dar é a transferencia deste centro á Xunta de Galicia", seguindo o camiño do traspaso dos centros vinculados ao ISM no ano 2007 ou outros centros vinculados tamén ao Ministerio de Defensa na comarca de Ferrolterra, como o CEIP Isaac Peral ou o CEIP Virxe do Mar.

O sindicato porá en marcha nos próximos días unha campaña para instar ás diferentes administracións públicas a "eliminar dos nomes dos centros escolares as referencias a persoas cun pasado fascista". Neste sentido, o sindicato vaise a dirixir á Xunta de Galicia, á Deputación da Coruña, ao Ministerio de Educación e a diferentes concellos con colexios con nomes franquistas ou con distincións honoríficas para que "se cumpra estritamente" a Lei de Memoria Histórica.

O sindicato tamén se vai a dirixir aos grupos parlamentarios para que se faga unha revisión do grao de cumprimento da Proposición non de Lei aprobada o 26 de marzo de 2008 na que se instaba á Xunta a "eliminar de todos os edificios públicos dependentes da súa administración toda a simboloxía fascista e a promover a supresión dos nomes destes edificios que fan referencia a figuras representantes ou partidarios da Ditadura franquista".

Colexio Salvador Moreno de Pontevedra.
Colexio Salvador Moreno de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta