Os restaurantes xa poden abrir ata a 1,00 desde este sábado, pero non poden admitir clientes a partir de medianoite

Caso especial é o das cafeterías e restaurantes anexos a centros sanitarios e de traballo, onde se poderá manter o servizo independentemente do municipio onde se atopen, aínda que"non poderán superar o 50% da súa capacidade, tal e como etablece a orde publicada na noite do venres no DOG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2021 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou na noite deste venres a orde da Consellería de Sanidade que ratifica a ampliación dos horarios da hostalaría para leste mesmo sábado: ata as 23,00 horas os bares e ata a 1,00 da madrugada os restaurantes, pero non poden admitir novos clientes desde a medianoite.

Así figura na orde que establece as novas restricións da Comunidade galega que rexerán desde este sábado, ante a previsión de que ás 00,00 do domingo decaia o estado de alarma en toda España.

Deste xeito, na liña do xa adiantado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na súa rolda de prensa do xoves, unha das principais consecuencias é a retirada do toque de queda e a relaxación das medidas que afectan a sectores como a hostalaría.

Todo iso fóra dos municipios no nivel máximo de restricións, onde estes establecementos seguen pechados ao público --soamente poden servir comidas a domicilio e para recollida-- e continúa en vigor a prohibición da mobilidade nocturna de 1,00 a 6,00 da madrugada. Así as cousas, os aforamentos e as condicións da hostalaría varían en función de en cal dos catro niveis de restricións estea cada concello.

CATRO NIVELES DE RESTRICIÓNS

No máximo, están a partir deste sábado cinco concellos (o 1,3% da poboación) cunha incidencia acumulada de máis de 500 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días: Cambados, Cualedro, Laza, Padrón e Vilanova de Arousa.

Isto, ademais de supor o seu peche perimetral e a prohibición de reunirse con persoas non convivientes, implica que a hostalaría segue pechada, coa única posibilidade de realizar entregas a domicilio ata medianoite e recollidas no local ata as 22,30 --media hora antes do toque de queda--.

Para o resto de concellos galegos, independentemente do nivel en que se atopen --alto, medio e baixo--, os horarios amplíanse ata as 23,00 horas para os bares e a 1,00 da madrugada para os restaurantes, aínda que exclusivamente para servir ceas e sen que poidan recibir clientes novos a partir das 00,00 horas.

Iso si, nestes locais as reunións de persoas non convivientes nas mesas terán respectar o establecido con carácter xeral para todo tipo de espazos: catro para interiores e seis para exteriores.

O que si varía en función do municipio e do nivel de restricións é a capacidade de aforamento coa que poderán abrir. No nivel alto, para concellos con incidencia de entre 250 e 500 casos --A Laracha, A Merca, A Pastoriza, Coristanco, Gondomar, Marín, Mesía, Ribeira, Salceda de Caselas--, os bares e os restaurantes só abrirán en terrazas ao 50%, ademais do servizo de repartición a domicilio e de recollida ata a 1,00.

No nivel medio (entre 150 e 250 casos por 100.000 habitantes) estarán un total de 28 concellos, o 24% da poboación galega: Carballeda de Valdeorras, Verea, Muíños, Verín, Xinzo de Limia, Allariz, Toén, Chantada, Meira, Cerdedo-Cotobade, Vilagarcía de Arousa, Soutomaior, Fornelos de Montes, Cangas, O Porriño, Tomiño, Tui, Vigo, Nigrán, Lalín, Silleda, Ames, Noia, Melide, Ordes, Carballo, Betanzos e Cambre. Aí, a hostalaría pode abrir ao 30% no interior e ao 50% en terrazas.

Finalmente, o nivel medio baixo inclúe ao 70,8% da poboación galega, en cuxos municipios, 271, hai unha incidencia por baixo de 150 casos por cada 100.000 habitantes. A hostalaría seguirá con aforamentos do 75% en terrazas e do 50% no interior.

ESTABLECEMENTOS DE CENTROS DE TRABALLO

Caso especial é o das cafeterías e restaurantes anexos a centros sanitarios e de traballo, onde se poderá manter o servizo independentemente do municipio onde se atopen, aínda que "non poderán superar o 50% da súa capacidade, tal e como etablece a orde publicada na noite do venres no DOG".

De feito, o consumo dentro do local poderá realizarse unicamente sentado na mesa, coa debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes, mentres se deben respectar as limitacións que se establezan para grupos de persoas: seis en espazos exteriores e catro en interiores.

Con todo, a orde de Sanidade establece que, nos concellos nos niveis máximo e alto, este tipo de locais deberán limitar a súa actividade aos traballadores dos centros ou, no caso de instalacións sanitarias, tamén a acompañantes de enfermos.

Estas regras non serán aplicables aos comedores escolares, que se rexerán pola súa normativa específica, mentres que as áreas de servizo para transportistas poderán permanecer abertos máis aló das limitacións horarias previstas. Nese caso, os profesionais deberán mostrar a súa acreditación e a consumición deberá realizarse de maneira individual e sentada.

Varias persoas nunha terraza, en Vigo / Europa Press. / Europa Press
Varias persoas nunha terraza, en Vigo / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta