Declarado un incendio nunha empresa conserveira en Boiro, a Xunta declara nivel 1 do Platerga

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, desprazouse ao municipio de Boiro para seguir a evolución de incendio rexistrado na conserveira Jealsa. A Xunta activou o nivel 1 do Plan Territorial de Emerxencias de Galicia, Platerga, para garantir a coordinación entre os organismos mobilizados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2021 | Actualizada ás 16:04

Comparte esta noticia

Un incendio foi declarado no mediodía deste sábado nas instalacións que a empresa conserveira Jealsa ten na parroquia de Abanqueiro, no municipio coruñés de Boiro.

Segundo informaron  fontes municipais, as chamas comezaron sobre as 14,30 horas deste sábado e neste momento na zona traballan os Bombeiros de Boiro e efectivos de Protección Civil.

Pola súa banda, fontes do operativo de emerxencias sinalaron que, polo momento, descoñécese se algunha persoa resultou ferida.

Parque de Bombeiros. EUROPA PRESS - Arquivo
Parque de Bombeiros. EUROPA PRESS - Arquivo

ALFONSO RUEDA

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, desprazouse ao municipio de Boiro para seguir a evolución de incendio rexistrado este sábado nas instalacións do a conserveira Jealsa.

Segundo informaron a Europa Press fontes municipais, as chamas comezaron sobre as 14,30 horas deste sábado e neste momento na zona traballan os Bombeiros de Boiro e efectivos de Protección Civil. Tamén se desprazou á zona a Policía Local.

Pola súa banda, fontes do operativo de emerxencias sinalaron que, polo momento, descoñécese se algunha persoa resultou ferida.

A intensa fumareda provocada polas chamas declaradas nestas instalacións situadas ao bordo da ría pode verse desde puntos de toda a ría de Arousa.

ACTIVADO O NIVEL 1 DE INCENDIOS

A Xunta activou o nivel 1 do Plan Territorial de Emerxencias de Galicia, Platerga, para garantir a coordinación entre os organismos mobilizados debido ao incendio rexistrado nas instalacións que a conserveira Jealsa ten na parroquia de Abanqueiro, en Boiro.

Diso informou o CIAE 112 Galicia, que explica que solicitou a intervención dos bombeiros de Borio, Ribeira e Ribadumia, así como do GES de Noia e dos efectivos de Protección Civil de Boiro.

Ademais, tamén foron mobilizados equipos de Salvamento Marítimo e dos Garda Costas de Galicia, así como a Policía Local e a Garda Civil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta