O incendio na conserveira de Boiro afecta á cámara frigorífica

O rexedor de Boiro informou de que se uniron aos labores de extinción medios aéreos. Ademais, polo momento non foi necesario desaloxar a ningún veciño das casas máis próximas á zona.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2021 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

O incendio declarado nas instalacións que a conserveira Jealsa ten na parroquia de Abranqueiro, no municipio coruñés de Boiro, afectan á cámara frigorífica da factoría.

Segundo informou o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, nestes momentos o vento sopra de forma favorable, en dirección contraria ao eixo central da empresa. Por iso, confía en que as chamas "non afecten o resto da instalación".

O rexedor informou de que se uniron aos labores de extinción medios aéreos. Ademais, polo momento non foi necesario desaloxar a ningún veciño das casas máis próximas á zona.

Do mesmo xeito que o vicepresidente primeiro da Xunta Alfonso Rueda, o alcalde desprázase á zona, onde traballa un amplo operativo de emerxencias.

Precisamente, a Xunta activou o nivel 1 do Plan Territorial de Emerxencias de Galicia, Platerga, para garantir a coordinación entre os organismos mobilizados debido ao incendio rexistrado nas instalacións que a conserveira Jealsa ten na parroquia de Abanqueiro, en Boiro.

Diso informou o CIAE 112 Galicia, que explica que solicitou a intervención dos bombeiros de Borio, Ribeira e Ribadumia, así como do GES de Noia e dos efectivos de Protección Civil de Boiro.

Ademais, foron mobilizados equipos de Salvamento Marítimo e dos Garda Costas de Galicia, así como a Policía Local e a Gorida Civil. A intensa fumareda provocada polas chamas declaradas sobre as 14,30 horas deste sábado pode verse desde puntos de toda a ría de Arousa.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, tamén mostrou a súa preocupación pola situación. "Sigo de preto e en contacto directo coa empresa a evolución do incendio que afecta á conserveira de Escuris en Boiro, en cuxo control colaboran os Gardacostas de Galicia", sinalou nunha mensaxe publicada no seu perfil da rede social Twitter.

Servizo de bombeiros
Servizo de bombeiros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta