Falece unha muller por COVID no Chuac o que eleva a 2.394 as vítimas en Galicia

Trátase dunha muller de 92 anos e que sufría patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2021 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou este sábado o falecemento dunha muller de 92 anos diagnosticada de covid-19. Con ela, o total de vítimas que deixa a pandemia en Galicia elévase a 2.394.

A morte desta anciá, que contaba con patoloxías previas, rexistrábase ao longo da xornada do venres no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), tal e como confirma Sanidade.

O último día que a Consellería informara dun falecemento por covid foi o xoves, mentres que o venres non notificou ningún. Con todo, é habitual que as comunicacións se fagan con días de atraso, ata que son confirmadas por Saúde Pública.

Un traballador sanitario. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Un traballador sanitario. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta