A Federación de Ensino de CCOO-Galicia reelixe a Luz López como secretaria xeral por unanimidade

A secretaria xeral, segundo informa o sindicato nun comunicado, recalcou a necesidade de seguir convivindo coa pandemia nas aulas, os ERTE e ERE que afectan o sector do ensino privado e o encaixe da nova lei educativa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2021 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

O 11º Congreso da Federación de Ensino de Comisións Obreiras (CC.OO.) de Galicia saldouse coa reelección de Luz López como a súa secretaria xeral, despois de que setenta delegados sindicais referendasen por unanimidade o seu cargo.

Este evento, celebrado en Santiago de Compostela entre o venres 7 e o sábado 8 de maio, serviu para que CC.OO. debatese as liñas de actuación pasadas, presentes e futuras no ámbito do ensino. Ademais, o sindicato aprobou o informe de xestión da anterior Comisión Executiva sobre o traballo realizado no últimos catro anos.

Tras ser reelixida, Luz López quixo lembrar os retos aos que a Federación de Ensino de CC.OO. se enfrontará a partir de agora. A secretaria xeral, segundo informa o sindicato nun comunicado, recalcou a necesidade de seguir convivindo coa pandemia nas aulas, os ERTE e ERE que afectan o sector do ensino privado e o encaixe da nova lei educativa.

Ao congreso de CC.OO. asistiron autoridades do ámbito autonómico e local como o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o concelleiro de Educación, Mocidade e Políticas Lingüísticas do Concello de Santiago de Compostela, Rubén Prol.

Lus López, no centro, reelixida secretaria xeral de CC.OO. Ensino en Galicia, pousa xunto ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e ao concelleiro de Educación en Santiago, Rubén Prol.. CC.OO.
Lus López, no centro, reelixida secretaria xeral de CC.OO. Ensino en Galicia, pousa xunto ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e ao concelleiro de Educación en Santiago, Rubén Prol.. CC.OO. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta