O enfrentamento entre Vicepresidencia e a Consellería da Presidencia

O pasado xoves tivo lugar en dependencias de San Caetano unha discusión protagonizada polo secretario xeral da Vicepresidencia, Antón Losada, e o Subdirector Xeral de Construccións da Consellería de Presidencia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 14/02/2007 | Actualizada ás 22:18

Comparte esta noticia

"Gustaríame comentarvos un altercado do que fun testigo o xoves pasado na xunta, a cargo do Ilustrísimo Antonio Losada.

Estaba un currito onde están os xardins interiores, perto de onde se celebran os Consellos de Goberno, quitando uns rótulos que o S.X. de Vicepresidencia mandara poñer o día anterior, onde aparecía reflectida a estampa en grandes letras de Vicepresidencia.

Pero resulta que nas dependencias hai uns despachos que pertencen á Subdirección Xeral de Construccións da Consellería de Presidencia (Romeu).

Enton Losada acercase ao traballador, que esta subido a unhas escaleiras e lle pregunta que está a facer (estaba rascando o rótulo) e que quen lle mandara. O individuo sinala abaixo e di: "foron estos".

Recoñecín ao Subdirector Xeral de Construccións da Consellería de Presidencia, e creo que estaba cun xefe de servizo.

Nese momento Antonio Losada empeza a BERRAR, completamente encolerizado, dicindo frase do sentido de "Usted non sabe con quen está falando.."

Insulta, berra e manda chamar ao comisario da Xunta. Cando chega o Policía, dille: "DETENGA A ESTES DOUS!!!!", "FORA DA XUNTA".... etc, etc. Todo isto diante de bastante xente. O espectaculo foi lamentable, absolutamente reprochable".

O que se relata nesta mensaxe foi ratificado por varias persoas máis e por fontes da Presidencia da Xunta. Dende este departamento denuncian os xeitos de Antón Losada para cos traballadores da Xunta.

Tamén dende a consellería de Méndez Romeu criticaron o trato de Losada cara ós funcionarios e cara á propia Policía, o que provocou aintervención do propio conselleiro da Presidencia. Nembargantes, non quixeron confirmar se o Subdirector Xeral de Construccións da Consellería de Presidencia chegou a presentar unha denuncia xudicial contra o secretario xeral da Vicepresidencia, que posteriormente retirou, tal e como sinalaron outras fontes a este medio

Por outra banda, dende a Vicepresidencia confirmaron que existiu un pequeno incidente debido o "exceso de celo" do departamento que dirixe Méndez Romeu. Segundo nos contaron, o malentendido xa foi totalmente aclarado e xurdiu porque a Consellería de Presidencia pretendía modificar os carteis da Vicepresidencia (incluindo da Igualdade e do Benestar), sen ter consultado antes con este departamento. En todo caso, puntualizaron que se tratou dun feito normal dentro das relacións que hai entre as distintas consellerías.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

28 Torito

home a min o señor Losada non me da boas vibracions, pareceme algo así coma o maligno. Pero e que o do conselleiro Méndez......este individuo que cando estivo en Madrid, en Admón Territorial, largou todo o que quixo contra as autonomías, pero de maneira vergoñante contra a galega...
Pois que iste individuo sexa agora conselleiro na nos a autonomía pareceme de cachondeo e un insulto a intelixencias de todo-los galegos.
E o Presidente Torito sin enteirarse.

27 rumble in the jungle

Eu só digo que se esto o fixera algún do PP, seguro que os defensores de Losadeitor pedían a cabeza ao espeto do pepeiro. Pero claro, o que fagan os do benegá redúcese todo a anécdotas. O tal Losada está facendo tantas barbaridades que vai caer polo seu propio peso, e non sei se mesmo terá que rendir contas ante algún xuíz. Logo oíremos a Estevo e a outros falar de persecución xudicial e gilipolleces polo estilo. Non hai máis que ir á Xunta con certa frecuencia para saber de primeira man "anécdotas" dos amigos do BNG e como manexan as cousas. Pero claro, eles non son os fascistas, nin os nepotistas... habería que ver que dirían se o PP fixera anuncios como os famosos de "A Vicepresidencia de Anxo Quintana". É que é para indignarse: resulta que a vicepresidencia é súa e só súa. Teñen 13 escanos, son o grupo minoritario, pero cren que son os putos amos. O pior de todo é que gracias aos seus adláteres que nin cuestionan o que fan os seus líderes cando se equivocan van estar aí durante moito tempo, para desgraza desa Galicia que tanto din que respectan. Xentuza.

26 outro

Comparto totalmente a interpretación de "lagaita". O que é realmente escandaloso, pero de xulgado de guardia é o tema dos sindicatos. E increible. O do señor canitrot, e os seus adversarios (o resto da cig, uxt, cc.oo, etc.) e sinxelamente querellable. Que ben se vive de liberado eh!!! e xogando cos cartos públicos...
Moito protestar en ourense contra Baltar e os familiares do PP, e co tema dos interinos misturado coas eleccions sindicais, ala, a encher o bandullo. Non so iso, cometer a sabiendas fraude de lei, metelos irregulares na Administración é ¡ala!, denuncia ante os Xulgados do Social e vía. Do Consorcio e dos chiringuitos dos compañeiros benegás totalmente de acordo co que se dí nestes post. Primum vivere...

Tamén hai pa dar e tomar no tema da megayupi (penso chamar a Iker Jimenez, para que faga unha reportaxe de Milenio 3 no Parlamento titulado "O Misterio da Caride ou as forzas misteriosas con mordaza do TP")

25 lagaitaenlacabeza

jajjaj, sin embargo es Ley Básica del Régimen Local, jerarquicamente por encima del Estatuto. El Tribunal Constitucional ha señalado que «como titulares de un derecho de autonomía constitucional garantizada, las comunidades locales no pueden ser dejadas en lo que toca a la definición de sus competencias y la configuración de sus órganos de gobierno a la interpretación que cada Comunidad Autónoma pueda hacer de ese derecho»; y como «la garantía constitucional es de carácter general y configuradora de un modelo de Estado, ello conduce, como consecuencia obligada, a entender que corresponde al mismo la fijación de principios o criterios básicos en materia de organización y competencia» (STC 214/1989 , de 21 de diciembre).
Además aunque los vigentes Estatutos de Autonomía atribuyen competencias exclusivas a las Comunidades Autónomas en materia de régimen local desde luego, no se trata de una competencia exclusiva, pues está limitada por la competencia del Estado para regular las bases del régimen jurídico de las Administraciones públicas (Art. 149.1.18 CE),a través de una regulación básica muy detallada en relación con la organización y funcionamiento de las entidades locales, sus Haciendas y sus funcionarios. El tema, a día de hoy, entiendo que es claro

24 desde el jergón

A ver, Estatuo de Autonomía de Galicia.
Título Segundo.
Capítulo 1. Das competencias en xeral.
Artigo 27: No marco do presente Estatuto correspóndelle á Comunidade Autónoma galega a COMPETENCIA EXCLUSIVA das seguintes materias: (...)
27.3: Asistencia social.

Oh!