O enfrentamento entre Vicepresidencia e a Consellería da Presidencia

O pasado xoves tivo lugar en dependencias de San Caetano unha discusión protagonizada polo secretario xeral da Vicepresidencia, Antón Losada, e o Subdirector Xeral de Construccións da Consellería de Presidencia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 14/02/2007 | Actualizada ás 22:18

Comparte esta noticia

"Gustaríame comentarvos un altercado do que fun testigo o xoves pasado na xunta, a cargo do Ilustrísimo Antonio Losada.

Estaba un currito onde están os xardins interiores, perto de onde se celebran os Consellos de Goberno, quitando uns rótulos que o S.X. de Vicepresidencia mandara poñer o día anterior, onde aparecía reflectida a estampa en grandes letras de Vicepresidencia.

Pero resulta que nas dependencias hai uns despachos que pertencen á Subdirección Xeral de Construccións da Consellería de Presidencia (Romeu).

Enton Losada acercase ao traballador, que esta subido a unhas escaleiras e lle pregunta que está a facer (estaba rascando o rótulo) e que quen lle mandara. O individuo sinala abaixo e di: "foron estos".

Recoñecín ao Subdirector Xeral de Construccións da Consellería de Presidencia, e creo que estaba cun xefe de servizo.

Nese momento Antonio Losada empeza a BERRAR, completamente encolerizado, dicindo frase do sentido de "Usted non sabe con quen está falando.."

Insulta, berra e manda chamar ao comisario da Xunta. Cando chega o Policía, dille: "DETENGA A ESTES DOUS!!!!", "FORA DA XUNTA".... etc, etc. Todo isto diante de bastante xente. O espectaculo foi lamentable, absolutamente reprochable".

O que se relata nesta mensaxe foi ratificado por varias persoas máis e por fontes da Presidencia da Xunta. Dende este departamento denuncian os xeitos de Antón Losada para cos traballadores da Xunta.

Tamén dende a consellería de Méndez Romeu criticaron o trato de Losada cara ós funcionarios e cara á propia Policía, o que provocou aintervención do propio conselleiro da Presidencia. Nembargantes, non quixeron confirmar se o Subdirector Xeral de Construccións da Consellería de Presidencia chegou a presentar unha denuncia xudicial contra o secretario xeral da Vicepresidencia, que posteriormente retirou, tal e como sinalaron outras fontes a este medio

Por outra banda, dende a Vicepresidencia confirmaron que existiu un pequeno incidente debido o "exceso de celo" do departamento que dirixe Méndez Romeu. Segundo nos contaron, o malentendido xa foi totalmente aclarado e xurdiu porque a Consellería de Presidencia pretendía modificar os carteis da Vicepresidencia (incluindo da Igualdade e do Benestar), sen ter consultado antes con este departamento. En todo caso, puntualizaron que se tratou dun feito normal dentro das relacións que hai entre as distintas consellerías.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

3 outro

Os feitos relatados revelan perfectamente a idea que tiñamos moita xente de este individuo.
Feito normal??? Pero cal é a catadura moral dun suxeito que vai por ahí ameazando con frases tipo "non sabe usted con quen está falando". Venme á memoria outro altercado do señor este, que se comentou neste confidencial (co gallo da prensa comprada pola cara polo individuo e como as intentou cargar á Vicepresidencia, e as mesmas ameazas á interventora -ex cuñada do Vice - "usted non sabe con quen está falando").
En fin vaia catadura moral ten. Se o chegan a chamar da outra parte do goberno, estou seguro que sería o mais do PSOE que pablito iglesias. E se o chama antes o PP, o mesmiño.

2 a

LOSADA terminator

1 lagaitaenlacabeza

Joder, "feito normal dentro das relacións que hai entre as distintas consellerías". Pues habrá que comprar palomitas y ponerse a mirar, al estilo de pressing catch. Que fulano Losada, pero que fulano!!!