Proposta do BNG para un plan de emprego xuvenil e eliminar tipos de contratos "lesivos"

Segundo a formación nacionalista, destruíronse "máis de 15.000 postos de traballo" nos sectores de menor idade nun contexto no que "só dous de cada dez mozos recuperaron o emprego".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2021 | Actualizada ás 18:23

Comparte esta noticia

O BNG levará ao próximo pleno do Parlamento de Galicia varias iniciativas para, por unha banda, impulsar a posta en marcha dun plan de emprego xuvenil e, por outro, eliminar tipoloxías de contratos "especialmente lesivas" para os mozos, como "os de formación ou en prácticas".

Así o avanza nun comunicado remitido aos medios o deputado nacionalista Paulo Ríos, quen advirte que a crise orixinada pola pandemia puxo de manifesto "os graves problemas estruturais" que vive a Comunidade galega, con "consecuencias que empezan a verse a día de hoxe".

Segundo datos do portavoz do Bloque en materia de mocidade na Cámara, destruíronse "máis de 15.000 postos de traballo" nos sectores de menor idade nun contexto no que "só dous de cada dez novos recuperaron o emprego" despois dun ano de pandemia.

É máis, Ríos pon o foco en que os postos destruídos correspóndense maioritariamente con sectores con altos índices de ocupación entre a mocidade, como a hostalaría e o comerdio: "Sectores especialmente precarios e onde a temporalidade é a norma".

Por iso, o deputado do BNG defenderá tamén a necesidade de derrogar reformas e contrarreformas laborais do PP e do PSOE, xa que os nacionalistas consideran que permiten ás grandes empresas "seguir aproveitando" a posibilidade de acollerse a contratos temporais e a baixos salarios para "obter máis beneficios".

O deputado do BNG Paulo Ríos.. BNG
O deputado do BNG Paulo Ríos.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta