Parabéns das institucións europeas ao modelo de cidade de Pontevedra

A súa aposta pola mobilidade sustentable ou a redución da contaminación centran o recoñecemento como cidade a seguir.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2021 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

O modelo de cidade de Pontevedra, froito da súa Estratexia de Desenvolvemento “Máis Modelo”, é recoñecido polas institucións europeas como o exemplo de cidade a seguir. Trátase esta dunha das conclusións da xornada que se celebrou na cidade do Lérez e que contou coa intervención de representantes da Comisión Europea; do Ministerio de Mobilidade, Transporte e Axenda Urbana; da Convención Escocesa de Autorides Locais e do propio Concello. 

Cidade de Pontevedra
Cidade de Pontevedra | Fonte: pontevedraviva.com

A súa aposta pola mobilidade sustentable ou a redución da contaminación son dous dos aspectos postos en valor polo modelo de cidade de Pontevedra: “nesta cidade é algo que se comprobou claramente. É necesaria unha mobilidade máis sustentable que nos permita recuperar espazo público para as persoas. É un dos valores postos en marcha EN Pontevedra e polo tanto, cómpre traballar sobre o tráfico monitorizado privado para converter as rúas en espazos de convivencia”, destacou Ángela de la Cruz, Subdirectora xeral de Políticas Urbanas do Ministerio de Mobilidade, Transporte e Axenda Urbana.

O evento contou coa presenza do Alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e de varios concelleiros, que fixeron un percorrido polos principais proxectos realizados na EDUSI de Pontevedra. Neste caso, o responsable de Obras Urbanas e Transporte, Demetrio Gómez, puxo en valor o servizo de transporte a demanda nas parroquias do rural. Por outra banda, o Tenente de Alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, referiuse á recuperación do tramo soterrado e posta en valor do río Gafos no tramo urbano.

A xornada serviru para despexar dúbidas ao respecto dos Fondos Next Generation que se remitirán aos Estados membros da UE no marco do plan de recuperación económica da Covid, e dos fondos comunitarios do período 2021-2027.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta