G.Caballero confía na "revitalización" da esquerda para facer fronte á dereita e á extrema dereita

Apela a "conseguir saídas progresistas fronte á crise".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2021 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, considerou que "todos os ámbitos da esquerda" teñen que "fortalecer" a súa acción para "conseguir saídas progresistas fronte á crise" e "avanzar en dereitos e liberdades desde a esquerda, sen ningún tipo de complexo fronte á dereita".

O xefe de filas dos socialistas galegos pronunciouse deste xeito ao ser preguntado polas declaracións efectuadas polo secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino, á Cadea Ser nas que asegurou que a desaparición da súa formación da Cámara galega motiva que "a xente que cre nunha proposta transformadora esta un pouco orfa en Galicia".

Respecto diso, Gonzalo Caballero sinalou que tanto en España como en Galicia espera que "todas as forzas progresistas poidan ter vitalización e revitalización" para "conseguir avanzar fronte aos gobernos da dereita". "Eu estou preocupado pola evolución da dereita e a extrema dereita neste país. O triunfo de Ayuso preocúpame profundamente porque é un discurso populista, un discurso simplista, un discurso que non dá solucións", afirmou.

DESESCALADA E VACINACIÓN

Todo iso nunha rolda de prensa na que abordou o inicio da desescalada para sinalar que é o momento de "combinar o fortalecemento do sistema sanitario e do proceso de vacinación" coa reactivación económica.

Ao fío disto, nunha xornada na que van chegar a España 1,7 millóns de vacinas de Pfizer e cando se prevé que ao longo do verán estea inmunizado o 70% dos galegos, o líder do PSdeG apelou a seguir profundando na desescalada.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na rolda de prensa. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na rolda de prensa. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta