Se tes entre 50 e 59 anos, este martes é a túa quenda de vacinación

O Sergas realizará unha vacinación masiva con 35.000 citados nos distintos hospitais galegos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2021 | Actualizada ás 20:55

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) comeza este martes coas vacinacións masivas do grupo de idade comprendido entre 59 e 50 anos, unha vez que se concluíu a citación dos maiores de 60 en todas as áreas sanitarias. Realizáronse 35.000 citacións para esta xornada.

Segundo a informaciónsanitaria da Coruña-Cee, o Sergas citou para este martes a 7.483 persoas para administrarlles a vacina de Pfizer. Concretamente, inxectaranse as doses dispoñibles no Ifeco (6.606), no hospital de Cee (501), no hospital de Oza (58) e outras 318 en distintos centros de saúde.

Na área sanitaria de Santiago, están previstas 6.300 citas do colectivo 50-59, das cales 5.100 son na Cidade da Cultura e outras 850 no hospital do Barbanza. Ademais, continúa a vacinación nos centros de saúde (68) e nos domicilios a grandes dependentes (160).

Pola súa banda, na área santiaria de Pontevedra-O Salnés, están citadas 2.800 persoas no recinto feiral pontevedrés (entre a xornada de mañá e tarde) e 1.100 no recinto feiral de Fexdega, todos menores de 60 anos.

As previsións da área sanitaria de Lugo son iniciar as primeiras doses ao colectivo entre 59 e 50 anos, con 2.900 no Hospital Lucus Augusti de Lugo, 900 no Hospital de Burela e 600 en Monforte, un total de 4.400.

Mentres, están convocadas 3.100 persoas na área de Ourense para que acudan a vacinarse a Expourense e comezar, tamén neste ámbito, a inmunización dos menores de 59 anos. Pola súa banda, están programadas 2.700 vacinacións entre Fimo, domicilios e o punto de vacinación do Arquitecto Marcide.

No caso de Vigo, que non concreta datos deste martes, está previsto que na área se inxecten ata o próximo 16 de maio un total de 39.600 persoas, coa novidade, como no resto de Galicia, do inicio da vacinación en menores de 60, xunto coas segundas doses para os colectivos de máis de 60 aos que xa lles correspondan.

MAIORES DE 60

Pola súa banda, o informe actualizado do Ministerio de Sanidade --con datos deste domingo--, sinala que hai en Galicia 812.224 galegos maiores de 60 anos con, polo menos, unha dose, o que eleva a 93,3 por cento a poboación en parte inmunizada deste colectivo de maior risco.

Coa pauta completa están o 44,7 por cento, segundo leste mesmo informe, o que significa 389.351 persoas.

Profesionais sanitarios participan na primeira vacinación masiva levada a cabo no Ifevi, en Vigo / Europa Press. / Europa Press
Profesionais sanitarios participan na primeira vacinación masiva levada a cabo no Ifevi, en Vigo / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta