A desescalada faise notar en abril: 8 mortos en 8 accidentes de tráfico, sete máis que no mesmo mes de 2020

Nos tres primeiros meses deste ano faleceron 24 persoas en 22 accidentes de tráfico en estradas galegas, que supoñen nove vítimas mortais máis que en 2020.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2021 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

Galicia pechou o mes de abril cun incremento da sinistralidade con oito falecidos en oito accidentes de tráfico, que supoñen sete vítimas máis e sete sinistros máis que o mesmo mes do ano pasado, no que estaban limitados os movementos pola pandemia da Covid-19.

Segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Tráfico (DGT), recollidos por Europa Press, o maior número de vítimas e sinistros correspondeu á provincia da Coruña, con cinco falecidos en cinco accidentes, mentres que en 2020 non rexistrou ningún en abril.

Séguelle a provincia da Coruña con tres vítimas en tres accidentes, que supoñen dous mortos máis e dous sinistros máis que o mesmo mes do ano anterior. Pola súa banda, as provincias de Lugo e Ourense non rexistraron accidentes mortais nin en abril deste ano nin no mesmo mes de 2020, segundo os datos da DGT.

En relación aos tipos de accidentes, catro corresponderon a colisións e tres foron saídas de vía, mentres que o oitavo sinistro tratouse doutro tipo. En canto ás idades das vítimas mortais, cinco eran maiores de 65 anos; unha tiña entre 45 e 54 anos; outra se situaba entre os 34 e 44; e outra, entre os 25 e 34 anos.

TRIMESTRE

Nos tres primeiros meses deste ano faleceron 24 persoas en 22 accidentes de tráfico en estradas galegas, que supoñen nove vítimas mortais máis e oito sinistros máis, xa que o mesmo período de 2020 concluíu con 15 mortos en 14 incidentes na rede viaria.

Por provincias, no que vai de ano a da Coruña rexistrou 12 falecidos en 12 accidentes, fronte ás oito vítimas en sete sinistros do primeiro trimestre de 2020. Séguelle a de Pontevedra con sete falecidos en cinco accidentes; fronte ás tres vítimas en tres sinistros do mesmo período do pasado ano; e Ourense acumula tres mortos en tres sinistros; un máis en cada caso.

Á cola sitúase a provincia de Lugo, con dúas vítimas mortais en dous accidentes no que vai de ano, que representan os mesmos falecidos e sinistros que o primeiro trimestre de 2020.

Accidente de tráfico en Toén (Ourense).. GARDA CIVIL
Accidente de tráfico en Toén (Ourense).. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta