As vacinas reduciron o 100% de ingresos en UCI e mortes nas persoas inmunizadas en Galicia

Un estudo sobre a efectividade das vacinas realizado en Galicia revela a redución das infeccións e descenso nas hospitalizacións das persoas vacinadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2021 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

O estudo sobre a efectividade das vacinas realizado en Galicia permitiu unha redución do 100 por cen de ingresos en UCI e de falecementos nas persoas inmunizadas. O estudo, en colaboración co Instituto de Desenvolvemento e Integración Sanitaria (IDIS), fíxose sobre 240.000 persoas ás que se lles administrou a vacina na primeira fase deste proceso.

A información foi achegada polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na súa comparecencia a petición propia no pleno do Parlamento de Galicia, na que tamén indicou que as conclusións finais revelan unha redución das infeccións do 88,4 % nas persoas que recibiron a vacina, un descenso do 94% nas hospitalizacións das persoas cunha dose e unha baixada do 95,7% naquelas coa pauta completa.

Ademais, en días pasados, o propio Comesaña informou de que neste mesmo estudo demostraba unha diminución da positividad de coronavirus do 47% cunha soa dose, mentres que ascende ao 88% cando foron administradas as dúas.

O estudo é froito da firma dun acordo da Consellería de Sanidade co IDIS para elaborar un estudo da efectividade da vacina. Esta institución vincula a Universidade de Santiago de Compostela (USC) coa área sanitarias compostelá e de Lugo, que dependen da propia Xunta.

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, compare no Parlamento. XUNTA
O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, compare no Parlamento. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta