Feijóo, convencido de que en verán xa non usaremos máscaras en exteriores

O presidente da Xunta cre que "en lugares pechados non será posible".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/05/2021 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mostrouse "convencido de que alá polo mes de xullo, agosto" será posible deixar de utilizar a máscara contra a pandemia de coronavirus en exteriores.

Alberto Núñez Feijóo, presenta o Proxecto Nós de intelixencia artificial para o galego
Alberto Núñez Feijóo, presenta o Proxecto Nós de intelixencia artificial para o galego | Fonte: DAVID CABEZÓN - XUNTA.

"Se todos seguimos durante as próximas seis, oito semanas coa prudencia que aconsella a situación, estou convencido de que alá polo mes de xullo, agosto empezaremos outra vez a pór cara a todas as persoas que imos pola rúa", apuntou, ao termo dun acto en Santiago.

Ao final da súa intervención, e nun ton informal, Núñez Feijóo precisou que, na súa opinión, "en lugares pechados non será posible", pero apuntou ao desexo de "ir mudando a máscara pola cara" en exteriores e o seu convencemento de que "en seis, oito semanas" poderase facer de seguir "a prudencia que aconsella a situación".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta