Todo o Congreso, agás PSOE, Vox, PNV e Ciudadanos, esixe a intervención temporal de Alcoa e as plantas de Alu Ibérica

Trátase dunha proposición non de lei defendida polo BNG e pactada co PP.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/05/2021 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

A comisión de industria do Congreso aprobou este martes, sen o apoio do PSOE pero co apoio de Unidas Podemos, unha iniciativa para esixir ao Goberno de coalición a intervención temporal de Alcoa a través da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) e das súas antigas plantas na Coruña e Avilés (Asturias), na actualidade Alu Ibérica.

Un traballador de Alcoa San Cibrao queima unha bandeira de Estados Unidos diante da factoría tras coñecer a anulación do TSXG do ERE da empresa en Cervo a 17 de decembro de 2020
Un traballador de Alcoa San Cibrao queima unha bandeira de Estados Unidos diante da factoría tras coñecer a anulación do TSXG do ERE da empresa en Cervo a 17 de decembro de 2020 | Fonte: E. Vázquez - Europa Press-

A iniciativa, unha proposición non de lei defendida polo BNG e finalmente pactada co PP, foi aprobada co apoio tamén de Unidas Podemos, Esquerra Republicana, EH-Bildu e Foro Asturias. Ciudadanos votou en contra e o PSOE, Vox e o PNV abstivéronse.

O texto finalmente aprobado, insta o Goberno a "actuar coa máxima axilidade, dilixencia e transparencia" no proceso de negociación e diálogo entre Alcoa, a administración pública, a representación dos traballadores e os potenciais compradores.

Así mesmo, chama a fixar un calendario para a intervención pública temporal de Alcoa que permita o control por parte da SEPI da factoría e "garanta a posición adecuada para a negociación con potenciais interesados en desenvolver proxectos industriais solventes e estables que garantan a continuidade da actividade e dos postos de traballo na planta de San Cibrao (Lugo)".

Finalmente, o Congreso reclama acordar a posta en marcha dunha intervención pública temporal de Alu Ibérica na Coruña e Avilés para incorporalas á SEPI, tendo en conta a intervención xudicial decretada, para o desenvolvemento dun plan industrial que permita a plena actividade produtiva e a ocupación dos cadros de persoal destas dúas plantas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta