O BNG de Ourense cualifica de electoralista e "escandaloso" un "estudo sociolóxico" sobre a intención de voto

O portavoz municipal do BNG, Luís Seara, censurou que se tente "enmascarar" como estudo sociolóxico unha enquisa "puramente electoral" para "xustificar o seu pago" á conta dos orzamentos municipais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2021 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense publicou os resultados dun estudo sociolóxico encargado á empresa 'Celeste-Tel'. O informe, segundo a administración local, busca coñecer a valoración cidadá sobre diversos aspectos da vida política e municipal.

O estudo foi elaborado a partir de 600 entrevistas telefónicas realizadas entre o 15 e o 23 de abril deste ano e, entre outros datos, reflicte cuestións como a valoración de cargos políticos, a percepción sobre a pandemia, proxectos municipais ou mesmo un apartado específico sobre evolución da intencionalidade de voto na cidade en comparación aos últimos comicios.

A publicación deste informe recibiu críticas desde outras formacións, como o BNG, cuxo portavoz, Luís Seara, censurou que se tente "enmascarar" como estudo sociolóxico unha enquisa "puramente electoral" para "xustificar o seu pago" á conta dos orzamentos municipais.

Os nacionalistas avanzaron que solicitarán toda a información relativa ao expediente de contratación ou se existen estudos anteriores elaborados pola mesma empresa demoscópica.

Pleno do Concello de Ourense.
Pleno do Concello de Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta