A Coruña porá "en valor" a figura de Xela Arias cunha programación que organiza a rede de bibliotecas municipais

A alcaldesa, Inés Rey, destaca a importancia de facer que as actividades que se realizan en centros de ensino, clubs de lectura das bibliotecas municipais ou asociacións veciñais sexan extensibles á cidadanía.

Por E.P. | A CORUÑA | 11/05/2021 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña celebrará o Día das Letras Galegas cunha programación organizada pola rede de bibliotecas municipais e polo servizo de Normalización Lingüística co obxectivo de "pór en valor" á homenaxeada este ano, a escritora Xela Arias.

'Desordénate coas letras' é o nome que recibe a campaña coa que se convida a cidadanía a transformar os versos da autora para "desordenando os termos, crear novos poemas experimentais"

A alcaldesa, Inés Rey, destaca a importancia de facer que as actividades que se realizan en centros de ensino, clubs de lectura das bibliotecas municipais ou asociacións veciñais sexan extensibles á cidadanía.

A proposta virá acompañada dun escape room virtual e dunha mostra bibliográfica sobre a homenaxeada, á que se suma unha antoloxía de libros de poesía galega en feminino e un recordo aos homenaxeados e homenaxeadas en anos anteriores. Ademais, o martes 18 de maio terá lugar o encontro virtual "Libro Vivinte" con Marga do Val, escritora, tradutora e amiga persoal de Xela Arias.

Campaña do Concello da Coruña con motivo da celebración das Letras Galegas. CONCELLO DA CORUÑA
Campaña do Concello da Coruña con motivo da celebración das Letras Galegas. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta