O Consello Técnico de Atención Primaria aborda a carteira de servizos do persoal médico de familia e pediatras

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2021 | Actualizada ás 20:51

Comparte esta noticia

O Consello Técnico de Atención Primaria celebrou este martes a súa terceira reunión deste ano, na que se abordou a carteira de servizos de persoal médico de familia e pediatras, entre outras cuestións.

No transcurso do encontro, o xerente do Sergas, José Flores, presentou á nova directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade, Estrela López-Pardo.

Na reunión participaron, ademais, a directora xeral de Recursos Humanos, Ana Comesaña Álvarez, o director xeral de asistencia sanitaria, Jorge Aboal Viñas, ou a subdirectora de atención primaria, Sinda Branco Lobeiras.

Consulta nun centro de atención primaria do Sergas
Consulta nun centro de atención primaria do Sergas | Fonte: Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta