Castells recoñece que os profesores universitarios "teñen razón" ao querer a vacina, pero non a garante

O ministro de Universidades abre a porta a inmunizar a aqueles profesores que exerzan na ABAU, desoíndo as críticas de "discriminación" dos docentes universitarios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2021 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

O ministro de Universidades, Manuel Castells, asegurou que se está considerando vacinar aos profesores universitarios, pero só a aqueles que participarán este ano nas probas da EBAU (a antiga Selectividade). Así o anunciou este mércores na rolda de prensa que ofreceu, xunto á ministra de Educación e FP, Isabel Celaá, para presentar a parte do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia da UE que lle corresponde ao seu Ministerio.

Castells recoñece que os profesores de universidade "teñen razón" cando esixen ser un colectivo prioritario no plan de vacinación, do mesmo xeito que os docentes de estudos non universitarios que xa foron inxectados coa vacina contra a COVID-19. "O tema da EBAU é preocupante, pero hai un Plan Nacional de Vacinación que depende do Consello Interterritorial de Saúde, que reciben peticións de vacinación de grupos moi diversos e teñen que avaliar as prioridades", afirma o ministro, que indica que desde o seu Ministerio continuarán presentando ditas peticións ao Consello.

No entanto, avanzou que "o relatorio de vacinación (do Consello) está a debater non a vacinación aos profesores universitarios, senón a aqueles que participen nas probas da EBAU, está a considerarse".

O ministro de Universidades, Manuel Castells, durante unha rolda de prensa para informar sobre a última hora da crise sanitaria provocada polo coronavirus, en Madrid (España) a 23 de abril de 2020.. Moncloa
O ministro de Universidades, Manuel Castells, durante unha rolda de prensa para informar sobre a última hora da crise sanitaria provocada polo coronavirus, en Madrid (España) a 23 de abril de 2020.. Moncloa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta