Galicia xa ten medio millón de persoas totalmente inmunizadas contra a covid-19, pero decae o ritmo de vacinación

Aberto Núñez Feijóo avanza que a administración de vacinas está a decaer e seguirá baixando, xa que Galicia pasa a recibir menos doses.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/05/2021 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Aberto Núñez Feijóo, asegurou que Galicia supera este mércores a cifra de 500.000 galegos inmunizados coa pauta completa fronte á covid-19, á vez que avanzou que o ritmo de vacinación baixará, xa dado que Galicia pasa a recibir menos doses por contar con menos poboación dos seguintes colectivos diana.

Vacinación cotra a covid-19 no Hospital Marítimo de Oza
Vacinación cotra a covid-19 no Hospital Marítimo de Oza | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

En todo caso, o Goberno galego vixiará que haxa "equidade" na repartición de vacinas entre as comunidades, advertiu Feijóo.

O presidente concretou que esta semana se administraron 180.000 doses fronte ás 266.000 da semana pasada. "Chegaron menos vacinas e temos dificultades para manter o ritmo que nos gustaría", reflexionou o presente.

Así mesmo, na súa intervención, concretou que entre este martes e o xoves está previsto administrar as 65.000 primeiras doses no colectivo entre 50 e 59 anos. "E hoxe mesmo estamos a administrar a segunda dose a 50.000 persoas de idades superiores", engadiu.

Así, remarcou que Galicia supera a cifra de 500.000 galegos completamente inmunizados este mesmo mércores e remitiuse aos últimos datos do Ministerio de Sanidade para destacar que Galicia tamén ten porcentaxes superiores de vacinas administradas en relación ao conxunto estatal tanto en primeiras doses como en pauta completa.

De feito, destacou que é a segunda comunidade "con máis poboación vacinada cunha dose" e a segunda tamén, só por detrás da Rioxa, no que se refire ao colectivo de maiores de 60 anos.

Por outra banda, preguntado acerca de se ve marxe de subministración de Janssen para o colectivo de entre 50 e 59 anos, o presidente galego respondeu que a Xunta desexaría ter "máis" doses desta casa, pero o obxectivo é "inicialmente" usalas "de forma inmediata" en mariñeiros que embarcan en mareas superiores a unha semana e que, "por razóns evidentes, teñen dificultades" para que se lles poña unha segunda dose, xa que "pode collerlles en alto mar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta