Unha operación contra o narcotráfico en Galicia acaba con 33 persoas detidas

O ano pasado ano detívose a outro home relacionado con esta organización e vinculado con dous asasinatos en Turquía.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2021 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

A Garda Civil e a Policía Nacional detiveron a 33 persoas e intervido máis de cinco quilos de heroína nunha operación conxunta contra o narcotráfico en Galicia.

Segundo avanzaron fontes próximas á investigación, tratouse dunha investigación da Policía Nacional, na que participaron a Udyco e Policía Xudicial deste corpo, que contou coa colaboración da Garda Civil, mediante os grupos ECO Galicia e EDOA.

A organización criminal implicada dispuña de varios campamentos para a distribución de estupefacientes e os seus integrantes transportaban a heroína desde Madrid oculta en vehículos caleteados --coa droga camuflada--.

VINCULADO CON DOUS ASASINATOS

Un dos presuntos provedores de estupefacientes foi detido o mes pasado no marco doutra investigación de Policía Nacional e Garda Civil. Ademais, o pasado ano detívose a outro home relacionado coa organización e vinculado con dous asasinatos en Turquía.

Está previsto que representantes da Policía Nacional e do Instituto Armado comparezan este venres, 14 de maio, nunha rolda de prensa conxunta na Coruña --na Comisaría Provincial en dependencias de Lonzas-- para informar deste operativo.

Imaxe de recurso de Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL
Imaxe de recurso de Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta