Galicia descende en casos e contaxios trala repunta do mércores

Os casos activos descenden en case 100 persoas malia rexistrar 145 novos positivos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2021 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

Os novos contaxios de Covid-19 detectados en Galicia baixaron a 145 tras o repunte rexistrado este mércores, e o número de casos activos reduciuse a 2.954, recuperando a tendencia do inicio de semana, cando se encadearon cinco xornadas consecutivas en descenso. En canto aos pacientes hospitalizados con este coronavirus, descenderon a 188 --tres menos--.

De acordo cos datos actualizados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, os pacientes Covid ingresados en UCI hospitalarias no conxunto da Comunidade mantéñense en 40, mentres que os que permanecen noutras unidades de hospitalización descenderon a 148, tres menos.

No relativo ás diferentes áreas sanitarias, a presión hospitalaria reduciuse en tres dos sete, en concreto na Coruña e Cee, Ferrol e Pontevedra e O Salnés; mentres, subiu en Lugo e Santiago e Barbanza; e mantense sen cambios en Ourense e Vigo.

En concreto, na área da Coruña e Cee os pacientes Covid en UCI mantéñense en número --10-- mentres que baixan a 46 os doutras unidades --un menos--. Polo seu lado, na de Ferrol segue un en críticos e baixan a dous os doutras unidades --dous menos--; mentres que en Pontevedra e O Salnés baixan a 8 en UCI --un menos-- e a 26 os doutras unidades --dúas menos--.

Na de Lugo mantéñense sen cambios os pacientes Covid que continúan en unidades de hospitalización convencionais --con 6--, mentres que ascenden a dúas os ingresados en UCI --na xornada anterior non había ningún--. Así mesmo, na área de Santiago e Barbanza mantéñense tres en críticos e increméntanse a 20 os doutras unidades --un máis--.

Finalmente, Vigo a presión hospitalaria mantense sen cambios, xa que baixan a 13 os pacientes Covid en UCI --un menos-- pero soben a 37 os doutras unidades --un máis--; e na de Ourense seguen tres en críticos e continúan en 11 os doutras unidades.

CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos de Covid, despois do repunte deste mércores, Galicia volve experimentar un descenso nas súas cifras. Así, no conxunto da Comunidade galega baixaron a 2.954 que supoñen 98 menos que no día anterior. Iso débese a que houbo máis altas (241) que contaxios (145), ao que se engade dúas persoas falecidas.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden en todas as áreas sanitarias, con 32 menos na Coruña, 29 menos en Vigo, 12 menos en Lugo, 10 menos en Pontevedra e O Salnés, 7 menos en Santiago e Barbanza, 6 menos en Ourense e 2 menos en Ferrol.

Tras estes cambios, a área de Vigo continúa á cabeza en casos activos, con 859; séguelle A Coruña e Cee con 670; Pontevedra e O Salnés, con 474; Santiago e Barbanza, 423; Ourense, 225; Lugo, 204; e Ferrol continúa á cola, con 99.

CONTAXIOS

Con respecto aos novos contaxios de Covid-19 detectados con calquera tipo de proba no conxunto de Galicia baixaron a 145, é dicir, 78 menos que na xornada previa. Desta forma, sitúase en cifras similares ao comezo da semana. Do total de positivos, 136 foron confirmados por PCR nas últimas 24 horas, o que implica 73 menos que o día anterior. Deles, 36 corresponden á área de Vigo; 28 á de Santiago e Barbanza; 27 á de Pontevedra e O Salnés; 21 á da Coruña e Cee; 11 á de Ourense; 10 á de Lugo; e 3 á de Ferrol.

Pola súa banda, a taxa de positividade --porcentaxe de infeccións por test PCR realizados-- baixou a un 2,3 %, tras subir a un 2,4 % a xornada anterior, de forma que volve ás cifras rexistradas ao comezo desta semana. Así, segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.

Arquivo - Unha persoa con máscara un día despois da entrada en vigor da normativa que obriga aos deportistas a facer deporte ao aire libre con máscara.. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Unha persoa con máscara un día despois da entrada en vigor da normativa que obriga aos deportistas a facer deporte ao aire libre con máscara.. M. Dylan - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta