Un traballador cae desde unha altura de dez metros en San Cibrao das Viñas

O CIAE-112 alertou aos servizos médicos, á Garda Civil e aos membros de Protección Civil da localidade.

Por E.P. | OURENSE | 13/05/2021 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

Un operario tivo que ser trasladado despois de sufrir unha caída desde unha altura duns dez metros, no concello de San Cibrao das Viñas, segundo recolle o parte de incidencias do 112.

A poucos minutos das 12,30 horas, un particular chamou ao servizo de emerxencias para solicitar asistencia médica para un traballador que acababa de caer desde unha altura, na rúa Vigo do Parque Tecnolóxico do municipio.

O CIAE-112 alertou aos servizos médicos, á Garda Civil e aos membros de Protección Civil da localidade. Xa desde o lugar, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 indicaron que estaban a trasladar ao traballador ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta