A alcaldesa da Coruña celebra que se tramite declarar a Casa Cornide BIC e defende que é propiedade cidadá

Por E.P. | A Coruña | 13/05/2021 | Actualizada ás 15:16

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, manifestou que desde o Concello "celebran" a decisión da Xunta de tramitar a declaración da Casa Cornide como ben de interese cultural (BIC).

Rey afirmou que solicitaran esta tramitación desde hai meses e, por tanto, mostrábanse satisfeitos coa decisión.

A alcaldesa herculina definiu a Casa Cornide como un edificio como unha "arquitectura singular" e destacou que os seus "lexítimos propietarios" son os cidadáns e non os Franco.

Rey tamén se referiu aos bens do Pazo de Meirás, declarando que "non se pode perder un patrimonio que é de todos".  A alcaldesa reafirmou, do mesmo xeito que coa Casa Cornide, que os Franco "non poden apoderarse" do que é da xente. Por outra banda, mostrouse confiada para que se declaren públicos os bens do Pazo de Meirás.

Furgoneta saíndo da Casa Cornide
Furgoneta saíndo da Casa Cornide | Fonte: BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta