Ás voltas co incidente dos carteis

Hoxe volvernnos comentar que hay máis informacións relacionadas co incidente dos carteis na Vicepresidencia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/02/2007 | Actualizada ás 21:36

Comparte esta noticia

Por petición dos interesados retiramos certa información, aínda que confirmamos por otras fontes que na Vicepresidencia cren que existe unha campaña organizada por varios medios de comunicación coa axuda dalgúns departamentos socialistas da Xunta, principalmente o da Presidencia.

De feito, o acontecido polo cambio de carteis, tal e como xa avanzamos o outro día, fixo intervir ao propio Méndez Romeu e mesmo ao vicepresidente Quintana. Ambos os dous mantiveron unha conversa sobre este asunto que tensionou as relacións do bipartito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

19 S.XXI

Polo menos xa temos un traballador, un compañeiro, competente e serio para Manolo e Benito Corporeision. A mesma estética (chapuceira) e a mesma ética? arrabaldeira. País, país.

18 Salvador

Son do BNG e este señor -Losada- sempre me pareceu un maleducado e un prepotente e, desde logo, máis PSOE que Bloque. Quen se vai responsabilizar desta fichaxe nefasta?

17 Paulo

Totalmente de acordo co anterior. Se non ser cesado de contado, que entendo que para Quintana sería algo así como baixarse os pantalóns diante de Méndez Romeu, irlle afastando discretamente do primeiro plano e, dentro duns meses, suxerirlle que pida unha baixa por estrés. Que os da UPG saquen o manual. Unhas semaniñas en Siberia tampouco non estarían mal.

16 Paporrubio

Son militante do B.N.G. e desde logo opino como Brañas e mais como Xabier, independentemente de quen sexa a persoa á que se lle imputen os feitos, de ser estes certos, o mencionado Losada debería ser cesado xa de xeito inmediato, sen demora e sen desculpa.

15 Brañas

Desde logo estamos nun país de sectarios e cainitas.¿Que máis ten de que partido sexa o maleducado?¿Que máis ten que lle tenderan ou non unha trampa?.Non hai disculpa posibel para actitudes como estas .Si este señor tivera vergonza pediría disculpas.
¿Tanto atacou ó vello que se lle pegaron os seus malos modos?.¿Como pode alguén discupalo?. A prepotencia perdeo,e a prepotencia non é patrimonio de ningunha agrupación pero últimamente abonda demasiado no BNG.