O cambio climático é unha realidade: as ondas de calor aumentarán un 104% ata 2050

Os estudos apuntan a un aumento significativo na intensidade, a frecuencia, a duración e a extensión das ondas de calor na Península Ibérica no século XXI.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/05/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A intensidade das ondas de calor en España e Portugal aumentará un 104 por cento até 2050, segundo un estudo sobre proxeccións climáticas no que participaron investigadores da as universidades de Vigo e Santiago de Compostela.

Sol e calor
Sol e calor | Fonte: Xunta.

A investigación, recentemente publicada na revista internacional 'Atmospheric Research', sinala que os cambios máis importantes produciranse na rexión centro-leste, chegando ao 150 por cento na costa mediterránea e os Pireneos.

Ademais, o estudo prognostica unha maior extensión espacial das ondas de calor, con tendencias que van do 6 ao 8 por cento por década, o que se traducirá nunha maior exposición humana á calor, nun aumento da demanda enerxética e en crecentes riscos de incendios.

Os eventos das ondas de calor pódense caracterizar por catro dimensións: frecuencia, duración, intensidade e extensión espacial, e este estudo aplica por primeira vez o factor exceso de calor (EHF, polas súas siglas en inglés), un parámetro desenvolvido por científicos australianos que incorpora directamente o aspecto de intensidade e o proceso de aclimatación do corpo humano.

A extensión media das ondas de calor no período 1971-2000 creceu nun 1,71 por cento por década, mentres que o aumento na extensión máxima foi dun 4,3 por cento por década. Espérase que a tendencia continúe no futuro próximo e os estudos apuntan a un aumento significativo na intensidade, a frecuencia, a duración e a extensión das ondas de calor na Península Ibérica no século XXI. EFE 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta