Case 90 nenos e traballadoras en corentena tras un positivo nunha escola infantil en Santiago

O Sergas chamará para facer probas aos 70 nenos e 18 profesionais da escola infantil Santa Susana.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2021 | Actualizada ás 10:08

Comparte esta noticia

A escola infantil Santa Susana, en Santiago de Compostela, permanecerá pechada ata o vindeiro sábado, 22 de maio, despois de que dese positivo en covid-19 unha traballadora de apoio.

Así o informaba o xoves a dirección do centro ás familias usuarias a través dunha mensaxe, no que lles indica que, tras pór en coñecemento do centro sanitario de referencia o contaxio desta empregada, decidiuse confinar a escola porque mantiña contacto con todos os grupos de idade e co resto do persoal. Ademais, o centro remitiu ás autoridades sanitarias os contactos das familias, ás que se prevé que chamen ao longo deste venres.

Escola infantil de Santa Susana, en Santiago de Compostela
Escola infantil de Santa Susana, en Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

En total, segundo indican a Europa Press fontes da Consellería de Sanidade, por mor deste positivo púxose en corentena a un total de 89 persoas: 70 nenos e 19 profesionais --entre eles, inclúese a traballadora que deu positivo--.

Ademais, a escola infantil remitiu ás autoridades sanitarias os contactos das familias. Polo momento, engade Polítics Social, a profesora que servía de apoio é a única positiva coñecida, pero "como é habitual" a partir de agora o Servizo Galego de Saúde (Sergas) citará a todos os nenos e aos traballadores para facer a correspondente proba.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta