Os funcionarios de Ourense concéntranse de novo e avisan a Jácome que a próxima protesta "non será silenciosa"

Esixen respecto ao alcalde.

Por E.P. | Ourense | 14/05/2021 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

Os funcionarios do Concello de Ourense volveron manifestarse na Praza Maior para esixir respecto ao rexedor municipal, Gonzálo Pérez Jácome, a quen advirten que "a próxima concentración non será silenciosa".

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Europa Press.

"Un día máis seguimos pedindo respecto despois das últimas declaracións do alcalde. Deixa moito que desexar e demóstranos que xa non ten solución que o problema só se vai agrandar", expresou José Manuel Rodríguez, presidente da Xunta de Persoal do Concello.

En concreto, refírese ao descontento co rexedor municipal tras sinalar esta semana que "se a chegada do home á Lúa dependese de Enxeñeiros do Concello de Ourense aínda non despegaría".

Á protesta deste venres asistiron os portavoces dos partidos da oposición, quen tamén suxeitaron carteis esixindo respecto. "Imos seguir así, non nos imos a deixar amedrentar polo que diga este señor", reiterou Rodríguez.

Neste sentido, advertiu que a concentración do próximo venres "xa non será igual. "Hai que facer algo máis, non será silenciosa, faremos ruído porque este señor se ri dos traballadores, ri dos funcionarios, ri de todo o mundo".

Ademais, José Manuel Rodríguez comunicou que todas as medidas que pretendía Gonzalo Pérez Jacome "continúan igual" están "no aire", pondo como exemplo o control horario que aínda non se impuxo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gamela

Jácome debera seguir o folla de ruta do alcalde de Vigo: primeiro nomear xefes de servizo aos funcionarios máis lacazáns que existan no Concello (darlles un complemento por productividade) e así o resto dos funcionarios acodirían ao xulgado e gañarían os recursos logo de folgas de 2 anos (coma os bombeiros de Vigo) e ninguén abriría a boca ! Outros funcionarios tamén servirían para levar as culpas nalgún caso de corrupción mentras Abel Caballero pagaría xenerosamente a Defensa Xurídica e tódolos recursos necesarios mentras o funcionario en cuestión sigue cobrando puntualmente ! É outro sistema para facer o que che peta, e gañar votos a cachón !!!

2 Sentidiño

[Repito un comentario anterior] Jácome goberna con tres concelleiros unha corporación de vinte e sete. Eses vinte e catro políticos si teñen o que merecen; os ourensaos non, de ningunha maneira.

1 Moine

O Jácome é um botara.. nom há ninguém que o duvide. Agora bem, a pergunta é: por que o PP o mantem no posto?