Os 'Xardíns da poesía' abren as súas portas en Allariz

Comeza a XI edición do Festival de Xardíns, un evento que trae á vila xente de todo o mundo e que este ano está dedicado á poesía.

Por X.M. Fernández | Allariz | 14/05/2021 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

A XI edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz abrirá a súas portas este sábado 15 de maio ás 19:00 h. para que toda aquela persoa que queira se achegue a descubrir os Xardíns da Poesía.

Festival Internacional de Xardíns 2021. Foto: Prensa Allariz
Festival Internacional de Xardíns 2021. Foto: Prensa Allariz

Esta iniciativa é un proxecto único a nivel nacional que ofrece a todos os veciños e veciñas a posibilidade de gozar dun novo espazo recuperado para uso público, na marxe dereita do río Arnoia, e que atrae tamén a moita xende de fóra dada a súa orixinalidade e singular beleza.

"Coa súa realización damos un paso moi importante na consecución do Corredor Temático do río Arnoia que fai do noso río un elemento de identidade, de ocio, de gozo da natureza e tamén de dinamización económica", afirman dende o Concello de Allariz.

No Festival deste ano, que durará ata outubro e que se presenta baixo a temática "Xardíns de Poesía", conta con dez propostas a concurso que recrean o ambiente emocional de poetas e/ou movementos poéticos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta