Ecoloxistas denuncian ante Fiscalía incendios "producidos" por queimas da Consellería de Medio Rural

Ocorreron na serra do Courel e na reserva da biosfera Oscos-Fonsagrada-Terras de Burón, segundo a plataforma Por Un Monte Galego con Futuro.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/05/2021 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

A plataforma Por Un Monte Galego con Futuro denunciou ante as fiscalías de Ourense e Lugo os incendios "producidos" o pasado mes de abril "a consecuencia das queimas levadas a cabo pola Consellería de Medio Rural na serra do Courel e na reserva da biosfera Oscos-Fonsagrada-Terras de Burón".

Incendio forestal
Incendio forestal | Fonte: POR UN MONTE GALEGO CON FUTURO.

O colectivo censura que a Administración galega, "con absoluto desprezo ao risco de incendio dadas as condicións meteorolóxicas que se estaban producindo, decidiu levar a cabo queimas supostamente preventivas que mesmo nalgúns casos saltaron das áreas previstas dando lugar a incendios forestais que destruíron importantes superficies de terreos protexidos".

"Equipos da Consellería de Medio Rural, co apoio da UME, provocaron incendios na serra do Courel, afectando unha considerable superficie neste espazo protexido, e no monte Muradal, no Concello da Fonsagrada, en plena Reserva da Biosfera de Oscos-Fonsagrada-Terras de Burón", sostén esta plataforma.

Asegura que "non é a primeira vez" que se producen estas prácticas perigosas co lume, que achaca a "unha grave neglixencia con responsabilidade criminal por parte da Administración".

A este respecto, apunta que estes incendios causaron "graves danos" nos ecosistemas, pero tamén un "importante gasto", posto que só na serra do Courel "tívose que mobilizar cinco helicópteros, dous avións de carga en terra, buldózeres e varias motobombas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta